Wednesday 01 de May de 2024

As casas da mocidade acollen numerosas actividades no mes de xaneiro


Xa está aberto o prazo para inscribirse no programa de actividades xuvenís Noctamboleiros do mes de xaneiro que se desenvolve nas casas da mocidade. As actividades están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 30 anos e son gratuítas.

Este mes organizaranse un curso de DJ, obradoiro de cociña mexicana, curso de make up, torneo de futbolín, obradoiro de cociña en inglés, teatro… ademais de continuar co programa radiofónico Mociradio. Para obter máis información ou inscribirse é posible nas casas da mocidade (Santa Cruz e As Pedras), chamar ao 981 614 083, ou enviar un correo a pix.portaberta@gmail.com ou  pix.aspedras@gmail.com.